Celébrase a noite do 23 ao 24 de xuño e durante o día de 24 coincidindo co solsticio de veran.
A noite de San Xoan é en Galicia a noite dos milagres e dos encantos.
As fogueiras representan outro dos ritos característicos. Chamanse
lumes , lumeiradas , cachelas , cacharelas ... Acéndense nas primeiras
horas
da noite, despois da cea. A xente xúntase arredor delas e pasan a
noite cantando e bailando . É tradición saltar a fogueira ; ten que ser
varias
veces , sempre un número impar e saltando dunha vez para un lado e
outra vez para outro. Ao acto de saltar chamanlle en moitos lugares
salvar.
As virtudes do lume do San Xoan son purificatorias ,é bo contra o
mal de ollo , meigallo , distintas enfermidades e ten propiedades
casamenteiras.
Nesa noite avívase e colle maiores virtudes a auga das fontes
santas e milagreiras. Os doentes van tomar os baños a elas, sempre con
coidado
das bruxas e aparecidos. É un costume habitual en toda Galicia
recoller na tarde diferentes herbas e flores , botalas en auga e
deixalas ao sereno
para que collan o orballo co obxectivo de lavarense todos
naquela auga pola maña . Estas herbas denomínanse herbas de San Xoan
(San Xoans ,
fiuncho , codeso, os fieitos machos, polas de nogueira, malvas,
artemisa ...) que teñen propiedades menciñeiras .
A noite de San Xoan é propia tamén, para adiviñar o porvir,
xeralmente en cuestións amorosas. De entre todas as practicas a mais
usada é a do
ovo : as doce en punto da noite cascase un ovo e déitase nun
vaso de auga que se deixa ao sereno ata o mencer. Pola maña vaise ver o
ovo e a
forma que tomou, as veces un barco, outras unha capela... e polo
que alí se ve adivíñase a sorte que se ha ter no ano .
É habitual nesta noite , acompañando as fogueiras, e nas zonas
costeiras preparar sardiñadas, sardiñas feitas nunha grella que se comen
con viño e
pan de bola.
Esa noche se lo pasan muy bien todos los amigos y familias, y por fin haber si es verdad, lo hacen festivo para siempre.
ResponderEliminarMe encanta bajar la noche de San Juan y ver el ambiente de Coruña por la noche. Me parece la fiesta más divertida de las que hay en Coruña.
ResponderEliminar