lunes, 25 de marzo de 2013

AS NOVE ONDAS

O caracter purificador - e tamén fecundador - das augas ponse de manifesto na tradición do baño das nove ondas, de forte tradición na praia de Lanzada, en Noalla - Sanxenxo. Ademais de ser un rito manciñeiro e curativo do meigallo, é tamén un rito de fecundidade que fai concebir ás mulleres estériles.
Hanse bañar compretamente en coiro (segundo outros, en camisón) e as ondas que en realidade teñen valor, asegún dín, non son nove sinón sete.
Cóntanas de dúas a nove, contando as nove pra colleren a ola grande, mais, en realidade, son sete as que toman.
Nun romance popular que data sen dúbida do século XVI, a sabia, que denencanta ás que eran víctimas do sortilexio das meigas, ordénalles a purificación con estas palabras.

Ide tomar nove ondas
antes de que saia o día
e levarédes con vosco
as nove follas da oliva.


Na xurisprudencia irlandesa, a distancia de nove ondas foi a que se estableceu entre inimigos, coma se creesen que estas foran bastantes para purificalos dos seus mutuos odios. E, cousa singular, o primeiro que pronunciou esta sentencia foi o bardo Amergin, que as lendas fan ir de Galicia a Irlanda.

1 comentario:

  1. ¡Pero mira que está ben bonito o meu blog!
    Olá! Chámome Modesta...

    ResponderEliminar

Es responsabilidad suya lo que escriba en este blog.

A MAXIA DA NOITE DE XAN XOÁN