martes, 26 de marzo de 2013

As herbas e os cachos

As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que
herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo  cacho.
    0 cacho consiste en recoller herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo,
alonxa as bruxas e cura a envexa.
   Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.

      Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina, caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle votaba chavos.

      Na parroquia de Domaio tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e
chimeneas para impedi-la entrada das bruxas. Tradicións parecidas falan de
colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeita-la Santa Compaña.


     Ó erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel, e a veces protexe das enfermidades pulmonares.
    A herba sécase durante varios dias ó sol para ser utilizada logo en múltiples
remedios caseiros. Deses remedios seleccionamos a seguinte mostra ilustrativa: A ruda, herba luisa e manzanilla, contra os dores de barriga. A hortelán e mildrastes contra os picores das estrugas. As follas de nogueira con tres noces, cura as chagas do corpo. 0 romeo cocido con viño curaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sin o viño era boa para o reuma, nervos e resfriados. Loureiro e allo tríllanse para limpa-las aireadas e contra o reuma.
      Contra as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. A herba de San Xoán  limpa a cara de grans. 0 tromentelo era bo antídoto para evitar a caída do pelo.

A NOITE DE SAN XOAN NA GALIZA

http://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/10/56/14franco.pdf

As herbas


lunes, 25 de marzo de 2013

AS NOVE ONDAS

O caracter purificador - e tamén fecundador - das augas ponse de manifesto na tradición do baño das nove ondas, de forte tradición na praia de Lanzada, en Noalla - Sanxenxo. Ademais de ser un rito manciñeiro e curativo do meigallo, é tamén un rito de fecundidade que fai concebir ás mulleres estériles.
Hanse bañar compretamente en coiro (segundo outros, en camisón) e as ondas que en realidade teñen valor, asegún dín, non son nove sinón sete.
Cóntanas de dúas a nove, contando as nove pra colleren a ola grande, mais, en realidade, son sete as que toman.
Nun romance popular que data sen dúbida do século XVI, a sabia, que denencanta ás que eran víctimas do sortilexio das meigas, ordénalles a purificación con estas palabras.

Ide tomar nove ondas
antes de que saia o día
e levarédes con vosco
as nove follas da oliva.


Na xurisprudencia irlandesa, a distancia de nove ondas foi a que se estableceu entre inimigos, coma se creesen que estas foran bastantes para purificalos dos seus mutuos odios. E, cousa singular, o primeiro que pronunciou esta sentencia foi o bardo Amergin, que as lendas fan ir de Galicia a Irlanda.

DITOS E REFRANS

Son frases feitas, en prosa ou verso, baseadas na observación dos fenômenos naturais e que a sabiduría humana proverbia, dun xeito categórico a filosofia popular.
Os principais refráns sanxoaneiros recollidos din:


En san Xoán, as bruxas fuxirán.
- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
- A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
- No san Xoán, na palangana cagarán.
Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
En san Xoán, cardos dan.
No san Xoán, peras na man.
No san Xoán, as peras caen ó chan.
A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
No san Xoán, fouciña na man.
Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
0 coeño polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.
Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
Polo san Xoán, as nove co día darán.
Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
0 dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.

A FOGUEIRA

A fogueira de San Xoán, e por extensión a de San Pedro, costume esta última cáseque extinguida, simbolizan o astro solar.
                      
Xa esmorecida a fogueira, os valentes tentaban cruza-los braseiros en carreiras, chimpos, ou utilizando os taboleiros para non queimarse. Antigamente facíase o mesmo, pero co propósito de cura-las aireadas, fuxi-las bruxas, saca-lo diaño do corpo, curar mal de ollo e como se dicía "Sálvame lume de San xoan, para que non me trabe cadela nin can".
Tamén había quen queimaba unha peza de roupa persoal para evitar que non fora poseída pola bruxas. Hoxe, o salta-lo braseiro non deixa de ser un acto de valentia e temeridade. Xeralmente estas normas estaban arraigadas en expresións espirituais e curativas.
Tampouco é descartable darlle algún contido gastrónomico. Estamos na época da recolleita da pataca e había quen as botaba, sen pelar, nun recuncho da fogueira. Sen deixarse queimar, os cachelos comíanse quentes. E tampouco debe esquecerse o refrán popular que di "Polo San Xoán a sardiña pinga no pan", de millo por suposto, e se ían acompañadas dunhas fechas do viñoo de a rente a parede, !mellor que mellor.! Logo os cantos, bailes, pandeiretas, gaitas e acordeóns. A festa estaba servida.Agora estendeuse o senso gastronómico e é fácil contemplar ós veciños asar mexilóns, chinchos, sardiñas, chourizos, e inclusive facer unha churrascada. Para rematar unha queimada.


Lume nunha fogata

viernes, 22 de marzo de 2013

Unha estrofiña recollida en Domaio

"Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo!.



A noite de San Xoán

Celébrase a noite do 23 ao 24 de xuño e durante o día de 24 coincidindo co solsticio de veran.

A noite de San Xoan é en Galicia a noite dos milagres e dos encantos.

As fogueiras representan outro dos ritos característicos. Chamanse lumes , lumeiradas , cachelas , cacharelas ... Acéndense nas primeiras horas da noite, despois da cea. A xente xúntase arredor delas e pasan a noite cantando e bailando . É tradición saltar a fogueira ; ten que ser varias veces , sempre un número impar e saltando dunha vez para un lado e outra vez para outro. Ao acto de saltar chamanlle en moitos lugares salvar.
As virtudes do lume do San Xoan son purificatorias ,é bo contra o mal de ollo , meigallo , distintas enfermidades e ten propiedades casamenteiras.

Nesa noite avívase e colle maiores virtudes a auga das fontes santas e milagreiras. Os doentes van tomar os baños a elas, sempre con coidado das bruxas e aparecidos. É un costume habitual en toda Galicia recoller na tarde diferentes herbas e flores , botalas en auga e deixalas ao sereno para que collan o orballo co obxectivo de lavarense todos naquela auga pola maña . Estas herbas denomínanse herbas de San Xoan (San Xoans , fiuncho , codeso, os fieitos machos, polas de nogueira, malvas, artemisa ...) que teñen propiedades menciñeiras .

A noite de San Xoan é propia tamén, para adiviñar o porvir, xeralmente en cuestións amorosas. De entre todas as practicas a mais usada é a do ovo : as doce en punto da noite cascase un ovo e déitase nun vaso de auga que se deixa ao sereno ata o mencer. Pola maña vaise ver o ovo e a forma que tomou, as veces un barco, outras unha capela... e polo que alí se ve adivíñase a sorte que se ha ter no ano .

É habitual nesta noite , acompañando as fogueiras, e nas zonas costeiras preparar sardiñadas, sardiñas feitas nunha grella que se comen con viño e pan de bola.

viernes, 1 de marzo de 2013

Viernes, 1 de marzo, sigo el curso por streaming desde mi casa. Conseguí acceder con retraso porque el ordenador me daba problemas para visualizar el vídeo.
Viernes, 1 de marzo, conseguí acceder a la emisión en directo del  Taller de Blog más tarde pues tuve problemas para visualizarlo.

A MAXIA DA NOITE DE XAN XOÁN